Unha comisión de investigación dos contratos menores? “Non imos colaborar nesta infamia”

Noriega está convencido de que o PP está a facer un espectáculo: "Volveralle en contra como un búmeran nas eleccións de maio"

- Publicidade -

O Partido Popular local teima na súa estratexia de investigación dos entornos persoais máis íntimos e familiares relacionados co goberno municipal de Santiago e, no día de onte, solicitou un pleno extraordinario para que se cree unha comisión de investigación para determinar o alcance desta suposta “trama” de contratos menores supostamente vinculados con empresas familiares e persoas próximas ao entorno do executivo municipal e a Compostela Aberta.

Sendo totalmente conscientes da ausencia de ningún carácter ilícito, o partido dirixido por Agustín Hernández quere levar esta polémica ao plano institucional algo que, a xuízo do alcalde de Santiago, supón unha continuidade da “infame” campaña desenvolta polo Partido Popular. “Non imos colaborar nesta infamia. Esta campaña do todo vale está creando moito malestar no tecido empresarial da cidade, que traballou co Concello antes e agora, e que se está a pronunciar en comunicados públicos” resaltan desde o goberno municipal de Santiago

Saben que non hai ningunha ilegalidade e só queren sementar dúbidas

Así, Noriega cargou contra as “manobras absolutamente infames” dos populares. “Resulta lamentable que o PP, que ten o expediente que ten neste Concello, estea a dar o especáculo que está a dar” afirmou na mañá o alcalde da cidade ao mesmo tempo que convidou ao grupo popular a acudir aos xulgados se entenden que o Goberno cometeu algunha irregularidade na adxudicación nos contratos.

- Publicidade -