Home Programas Área Compostela Unha cidade literaria: volve a SELIC

Unha cidade literaria: volve a SELIC

0
Unha cidade literaria: volve a SELIC

Máis dunha trintena de expositores, entre editoras, librarías e institucións tomarán parte na segunda Semana do Libro de Compostela (SELIC), que se desenvolverá na praza da Quintana do venres 1 ao domingo 10 de xuño.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou esta mañá o programa de actividades nunha rolda de prensa que compartiu coa concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e con Carlos Valdés, membro da editora Irmás Cartoné e un dos representantes da Mesa do Libro de Compostela.

Un modelo de éxito

O alcalde puxo en valor a intensa e constante colaboración entre a Mesa e o Concello para artellar esta segunda edición da feira, “un modelo que funcionou con éxito o ano pasado porque é o resultado das demandas do sector e foi deseñado para atendelas”. Martiño Noriega incidiu tamén en que a SELIC “é unha gran aposta do Goberno, que xorde do convencemento de que é preciso reivindicar a Compostela Literaria e aproveitar o seu enorme potencial”

Unha gran celebración das letras

Tamén Branca Novoneyra insistiu na importancia capital deste traballo conxunto entre o Concello e a Mesa do Libro para confeccionar esta nova edición que celebra a creación poética, a pegada literaria de María Victoria Moreno e os vencellos coa contorna lusófona. Pola súa banda, Carlos Valdés, de Irmás Cartoné, asegurou que “a Mesa do Libro está orgullosa da SELIC, estamos convencidos de que é o camiño para que Santiago se converta na capital do libro de Galicia”.

Máis información