Conversamos hoxe con @FernanVello sobre as emendas de @En_Marea aos Orzamentos Xerais do Estado pic.twitter.com/JelCe586IX
— Nós Televisión (@NosTelevision) May 2, 2018
En Marea rexeitará no Congreso dos Deputados os orzamentos xerais do Estado. Explicouno en rolda de prensa en Compostela coa presenza de todos os seus representantes en Madrid: Alexandra Fernández, Tone Gómez-Reino, Ángela Rodríguez (Pam), Miguel Anxo Fernán Vello e Yolanda Díaz. Actuando como portavoz falou Miguel Anxo Fernán Vello quen sinalou a grande cantidade de emendas que presentarán a estas contas que para eles “castigan a Galiza”.
Ningún partido galego fixo nunca un esforzo por presentar tantas emendas nuns Orzamentos Xerais do Estado
As deputadas e deputados presentes explicaron polo miúdo os aspectos negativos destas contas. Alexandra Fernández, por exemplo, falou da falta de execución dos compromisos orzamentarios e que a maior parte teñan que ver coa chegada da alta velocidae a Ourense; Yolanda Díaz defendeu os incrementos salariais na función pública e un apoio en fisuras ás renovables; Antón Gómez-Reino recriminiou ao goberno español que na área de agricultura e pesca o 90 % dos recursos veñan da UE; e Ángela Rodríguez denunciou que estes orzamentos vaian “en contra da vida e das mulleres“.
Feijóo e as súas responsabilidades
En Marea enviou a mensaxe contra estes orzamentos ao propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen responsabilizan do nulo papel que ten o noso país nas contas xerais do Estado.
As contas de En Marea que levan estas 350 emendas representarían un gasto público de en torno a 5.000 millóns de euros, extraídos dun novo cálculo de ingresos. A aprobación da proposta do goberno español, para eles, sería “consolidar as contas dos recortes”.