Home Programas Espazo Aberto Unha app para recuperar a toponimia e a memoria do país

Unha app para recuperar a toponimia e a memoria do país

0
Unha app para recuperar a toponimia e a memoria do país
Imaxe: Galicia Pueblo a Pueblo

Galicia Nomeada é unha aplicación na que calquera persoa poderá recuperar e compartir a microtoponimia de lugares, bens patrimoniais, leiras, camiños penedos, praias…

A presentación tivo lugar na Cidade da Cultura, onde Vicente Feijóo (técnico da Real Academia Galega) amosou a través da app toda a toponimia enterrada baixo as pedras do Gaiás. Tamén ensinou aos presentes como engadir bens patrimoniais ao catálogo, cunha fonte do concello de Ames á que adxuntou unha imaxe e se poderían engadir vídeos, documentos históricos ou lendas do lugar.

“Cada aldea que se perde é un tesouro que se nos vai”

Víctor Freixanes, presidente da RAG, fixo fincapé na riqueza toponímica e patrimonial do país, onde hai entre dous e tres millóns de microtopónimos. Tamén vinculou esta riqueza patrimonial coa problemática demográfica galega: “Cada aldea que se perde é un tesouro que se nos vai.” En representación da Xunta asistiron Alfonso Rueda e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

A directora da AMTEGA, Mar Pereira, quixo salientar a importancia das novas tecnoloxías para a recuperación toponímica e patrimonial.