O departamento de Turismo propiciou a creación da nova versión da DispoApp, unha ferramenta electrónica coa que se pode consultar en tempo real a dispoñibilidade de prazas nos establecementos hostaleiros de Compostela. A concelleira de Turismo, Marta Lois, salientou a gran utilidade desta ferramenta na temporada alta turística.
Unha aplicación permitirá consultar en tempo real a dispoñibilidade da hostaleria de Compostela https://t.co/CClBVjSIyW pic.twitter.com/o662qlpPo6
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 maio 2017
Como principal novidade, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, resaltou que esta nova versión da aplicación xa é accesible para todo o público xeral.
Flavia Ramil, xerente de @santiagoturismo, descatou as principais novidades de DispoApp https://t.co/CClBVjSIyW pic.twitter.com/wviZvQpqf6
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 maio 2017
Xa é posible acceder á DispoApp na web da entidade municipal de promoción turística, www.santiagoturismo.com. Esta ferramenta é gratuita tanto para os establecementos como para as persoas usuarias.