O pasado 8 de marzo unha multitude de mulleres tomou as rúas nas diversas localidades do país, pero non foi o único método de protesta dos feminismos galegos. No aeroporto de Lavacolla, en Compostela, un grupo de feministas denunciou as deportacións forzosas que se realizan neste aeroporto e as consecuencias que para moitas mulleres ten a lei de estranxeiría.”En Lavacolla tamén se deporta”, “A lei de estranxeiría mata” ou “Polo peche dos CIES” eran algúns dos lemas que se podían ver nas pancartas que portaban.

- Publicidade -

Nos últimos días, o colectivo Resistencia en terra allea denunciaba as deportacións forzosas de dúas migrantes racializadas a través da compañía de aeroliñas española Iberia no aeroporto de Lavacolla.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego