Home Programas Espazo Aberto Un texto de 85 palabras gaña o II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Un texto de 85 palabras gaña o II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

0
Un texto de 85 palabras gaña o II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

“Sentouse na fiestra reparando e intuíndo o que ía acontecer a continuación”. Así comeza o relato de Jéssica Rodríguez, de Mesía, gañadora do primeiro premio na categoría adulta dentro do II Concurso de microrrelatos da Real Academia Galego (RAG) e PuntoGal. O relato, que como máximo tiña que ter 200 palabras, só conta con 85.

O primeiro premio na modalidade xuvenil foi para o relato ‘Cacería nocturna’, do coruñés Óscar Fernández Freire, e a compostelá Claudia Martínez Asenjo mereceu o primeiro premio de infantil con ‘O valor dos nomes’. Ángela Arnosa Prieto (San Sadurniño) e Eduardo Cameselle (Vigo) fixéronse co segundo e co terceiro premio na categoría adulta; a modalidade de infantil distingue tamén a Alba Díaz Mera (Narón) e Pablo Mirás Sánchez (Tui) e Martina Lois Cuns (Santiago de Compostela) e Cristina Fojo (A Coruña) fanse co segundo e o terceiro premio de xuvenil.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o presidente de PuntoGal, Manuel González, agradeceron a súa participación e a de todas as persoas que concursaron nun certame que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.Alén da publicación na Rede dos microrrelatos, o concurso inclúe diferentes premios de perfil tecnolóxico, desde un MacBook Air a libros electrónicos e, no caso dos primeiros e segundos premios de cada categoría, un dominio .gal gratuíto durante un ano.

Pódense ler os textos aquí.