Home Programas Espazo Aberto Un polvorín clandestino causa unha catástrofe en Tui

Un polvorín clandestino causa unha catástrofe en Tui

0
Un polvorín clandestino causa unha catástrofe en Tui

O suceso tivo lugar na parroquia de Paramos, en Tui, onte cara as 16:25 horas estoupaba unha nave anexa a unha vivenda familiar. A explosión danou varios inmobles do lugar e causou, polo de agora, dúas persoas mortas, 30 feridas e varias desaparecidas.

O radio de acción da onda expansiva chegou aos 700 metros aproximadamente e chegou a sentirse en zonas tan lonxanas como o Morrazo.

Os servizos de emerxencia traballaron con celeridade ao longo de todo a tarde de onte e pola noite os TEDAX retiraron os últimos explosivos que había no lugar.

Almacén ilegal

Fontes do concello de Tui confirmaron que o contido pirotécnico que causou a explosión formaba parte do material da empresa “La gallega” que fora precintada por irregularidades urbanísticas.

O dono desta empresa presentouse no lugar do suceso e colaborou na localización dos explosivos. Posteriormente foi detido acusado de presuntos delitos de homicidio imprudente e estragos públicos.

Axuda veciñal e institucional

Ata Tui chegaron numerosas mostras de solidariedade para coas vítimas do suceso e a propia veciñanza. O concello puxo a disposición das persoas afectadas o Centro Cultural de Guillarei e un hotel da zona cedeu as súas prazas hostaleiras para os afectados.

Representantes políticos galegos desprazáronse ata o lugar como o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e hoxe visitarán a zona varios responsables de formacións políticas con representación no Parlamento galego.

A Zona Cero a vista de paxaro

A Axencia Galega de Emerxencias difundiu na tarde de onte imaxes aéreas da catástrofe