O Pleno do Parlamento deste martes estivo marcado pola tensión. Antes de comezar coa orde do día, os tres grupos da oposición quixeron amosar o seu malestar coa “falta de imparcialidade” do presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices, que na última sesión os apercibiu por asegurar que o PP fora “condenado por corrupción”.
A oposición acusa ao presidente do Parlamento de impor unha “mordaza” ante as súas críticas ao PP
Santalices deféndese como pode
Pola súa banda, Santalices remitiuse ao “explicado” aos líderes dos grupos na Xunta de Portavoces, incidindo en que non existe ningunha ” mordaza” e, polo tanto, no Hemiciclo pódese dicir calquera cousa que non resulte “ofensiva” ao “decoro da Cámara ou dos seus membros”.
O voceiro do grupo parlamentario popular, Pedro Puy, saíu en defensa do presidente do Parlamento, reiterando que existe “plena liberdade de expresión” para tódalas deputadas e deputados.