Home Programas Espazo Aberto Un novo sindicato de docentes denuncia presións nas eleccións sindicais en Educación

Un novo sindicato de docentes denuncia presións nas eleccións sindicais en Educación

0
Un novo sindicato de docentes denuncia presións nas eleccións sindicais en Educación

A Unión Sindical de Docentes de Galicia (USDG) leva varios meses denunciando a precariedade de interinas e interinos xunto ao non cumplimento da lexislación que obriga ás empresas a facer fixos ao persoal que leve máis de tres anos traballando. Coa chegada das eleccións sindicais, ademais, presentaron varias denuncias por problemas e presións para non obter representatividade sindical.

A súa Secretaria Xeral, Concepción Rodríguez, explica a Nós Televisión que “os sindicatos tradicionais teñen información privilexiada e fan uso dela”. Ademais, denuncia que nas últimas semanas “os seus afiliados e afiliadas reciben chamadas doutras formacións sindicais para que se dean de baixa e pasen a outros sindicatos”.

Denuncias

Censuran que existe un “pacto sindical” para impedir a representación deste novo sindicato

Unha das últimas accións da USDG foi denunciar en varias cidades galegas casos en que se incumpria a lei. As súas denuncias súmanse a outras por todo o Estado español posto que este sindicato participa dunha plataforma a nivel estatal. Segundo datos deste sindicato estas irregularidades afectan a outros departamentos da administración e cifran en 700.000 as persoas afectadas.

En definitiva, Concepción Rodríguez afirmaa que seguirán adiante para obter representación nas eleccións sindical malia crer que hai “un pacto sindical” para impedilo.