Home Programas Área Compostela Un novo audiovisual de Xosé Bocixa abordará a loita pola recuperación do bordo litoral da Coruña

Un novo audiovisual de Xosé Bocixa abordará a loita pola recuperación do bordo litoral da Coruña

0
Un novo audiovisual de Xosé Bocixa abordará a loita pola recuperación do bordo litoral da Coruña

É a historia dun espolio. A historia de como os intereses económicos e empresariais priman sobre o espazo público. Durante 50 minutos, Xosé Bocixa aborda nun novo audiovisual para Nós Televisión o futuro do bordo litoral da Coruña.

En “Véndese litoral, A Coruña deféndese”, analízase o debate actual sobre as solucións e o futuro dos peiraos interiores da cidade e as principais propostas que xorden na actualidade: desde a condonación da débeda da Autoridade Portuaria, a creación dun consorcio público e a revisión dos principais convenios urbanísticos pensados por e para a especulación inmobiliaria.

Nós Televisión e Tingalaranga Audiovisual presentan un audiovisuañ dirixido por Xosé Bocixa no que se aborda a través da voz das e dos protagonistas o conflito actual sobre o futuro do bordo litoral da Coruña.

Estrea

A Cidade Vella da Coruña acollerá a estrea deste audiovisual. Terá lugar este vindeiro xoves, 27 de setembro, no Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22) desde as 20:00h