Unha imaxe e unha obra de Carlos Casares acompañarán ao leite galego Feiraco este mes de maio. Cooperativas Lácteas Unidas, CLUN, e a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaron hoxe na Cidade da Cultura a campaña das Letras Galegas 2017 relacionada con este produto tan da terra. Esta experiencia dá continuidade á que realizaron noutras edicións.
A nosa lingua, un valor a coidar
.@letrasgalegas17 ????Andrés Torre Queiruga (@AcademiaGalega) sinalou a importancia deste tipo de iniciativas como a impulsada Feiraco https://t.co/GhGardwx6O pic.twitter.com/xSZpZMsmW1
— Nós Televisión (@NosTelevision) 02 maio 2017
A iniciativa porá no mercado un millón destes envases cun debuxo cedido polo artista Siro a través da Fundación Carlos Casares. A idea coincide coa propia liña de traballo desta empresa.
As Cooperativas Lácteas Unidas distribuiron un millón de envases conmemorativos do homenaxeado nesta edición coas Letras Galegas, o escritor e editor Carlos Casares, que levan a súa imaxe e un código de barras do que se pode descargar a obra “A gastronomía”.
???A iniciativa de Feiraco conta coa colaboración da @SXPL. Hoxe na @CidadedaCultura estivo @valentin_garci https://t.co/GhGardwx6O pic.twitter.com/zyIKXxnjNU
— Nós Televisión (@NosTelevision) 02 maio 2017
Unir o leite coa lingua
No acto participou Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e afirmou que nesta campaña se unen aspectos básicos da nosa vida cotiá como son a lingua e o leite