Home Espazo Aberto Medio ambiente Un mes despois das voaduras, a veciñanza de Casalonga explora novas liñas de loita

Un mes despois das voaduras, a veciñanza de Casalonga explora novas liñas de loita

0
Un mes despois das voaduras, a veciñanza de Casalonga explora novas liñas de loita

A Plaforma Casalonga Limpa de Residuos recibíu este venres a Antón Gómez-Reino e Marcos Cal, de Galicia en Común, que visitaron a canteira na que Toysal comezou hai apenas un mes as voaduras. A Plataforma denuncia que esta actividade de voaduras, xunto co baleirado da lagoa, danaría a diversidade natural da canteira e propiciaría o proxecto de restauración de Toysal co que a canteira, finalmente, se convertería nun gran vertedoiro.

Polo de agora, o baleirado da lagoa foi paralizado pola Xunta de Galicia. Entre tanto, a veciñanza busca novas liñas de actuación e reúne todas as forzas posibles polo que celebrou un encontro veciñal para poñer en común o conflicto medioambiental que lles afecta.

Dende Galicia en Común denuncian os intereses enconómicos agochados no proxecto de Toysal a conta da destrucción da terra. “É evidente que se están empregando mecanismos públicos para seguir dando satisfacción e beneficio a determinadas empresas”, denunciaba o deputado do Congreso Antón Gómez-Reino.