Accademia del Piaccere

Xorde unha nova actividade cultural na capital galega: un festival de música antiga e barroca, que traerá cinco concertos con charlas dos propios intérpretes e actividades divulgativas. Por exemplo, antes dos concertos os propios artistas falarán dos seus propios instrumentos nas actividades ‘Os instrumentos do barroco’.

Algúns os artistas son Massimo Sapadano e Fernando López Pan, Marta Infante e Manuel Vilas e grupos como Resonet, Gli Incogniti e Accademia del Piacere. Outro dos puntos fortes é o aproveitamento do patrimonio artístico da cidade, xa que os concertos terán lugar en diferentes teatros e igrexas, como a Igrexa e Paraninfo da Universidade ou o Teatro Principal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O Festival inaugurarase o 1 e 2 de outubro cun ciclo de documentais e unha conferencia titulada “Barbara Strozzi, a voz misteriosa”, impartida por Stefano Russomanno o día 7 de outubro. Pechará coa prestixiosa Accademia del Piacere dirixida por Fahmi Alqhai.

O festival está organizado polo Ateneo Santiago, coa colaboración da USC e patrocinado polo Concello de Santiago, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

Podes consultar aquí o programa completo

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -