A segunda edición do Memorial Antonio Bermúdez traerá ao C.D. Lugo a Compostela o Día da Patria galega. O Estadio de San Lázaro acollerá o próximo 25 de xullo o partido en memoria do xornalista deportivo, unha cita obrigada para seareiros e seareiras do Compos.
Antonio Bermúdez formaba parte do imaxinario deportivo de toda a cidadanía de Santiago
A presentación deste encontro realizouna o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado polo, entre outros, do presidente do Compostela, Antonio Quinteiro.
- Máis información: Chega a segunda edición do Torneo Memorial Antonio Bermúdez
O @PazodeRaxoi e a @SD_Compostela presentaron hoxe o II memorial Antonio Bermúdez https://t.co/NCBSw7Z43U pic.twitter.com/QY1Wv5bTIA
— Nós Televisión (@NosTelevision) 17 de julio de 2017
O compos foi o equipo do seu corazón
Tamén estivo presente en Raxoi o fillo do homenaxeado e tamén xornalista deportivo Toño Bermúdez e desexou que este encontro teña a virtude de animar a seareiros e seareiras a asistir aos partidos do Compos.
O fillo de Antonio Bermúdez, @tonober3, fixo un chamamento para acudir esta tempada aos partidos do Compos https://t.co/NCBSw7Z43U pic.twitter.com/LfNRKfAPmk
— Nós Televisión (@NosTelevision) 17 de julio de 2017