Home Programas Área Compostela Un Certame escolar de relato radiofónico lembrará ao “Vello dos Contos”

Un Certame escolar de relato radiofónico lembrará ao “Vello dos Contos”

0
Un Certame escolar de relato radiofónico lembrará ao “Vello dos Contos”

A figura de Xosé Mosquera Pérez, coñecido a través da súa andaina en Radio Unión Galicia como “o vello dos contos”, lembrarase nos centros de ensino de Santiago a través dun certame escolar radiofónico. Esta iniciativa foi presentada hoxe no Pazo de Raxoi polo concelleiro de Educación, Manuel Dios, e por Aser Álvarez de Arraianos Multimedia.

Aser Álvarez lembrou a importancia de Xosé Mosquera Pérez como un “visionario” que tiña moi clara a importancia dos medios de comunicación de masa, neste caso a radio, para difundir a nosa cultura a través de relatos populares.

A este Certame poderá concorrer o alumnado dos centros de ensino secundario con textos inéditos de entre 3 e 5 folios mecanografados a dobre espazo e escritos en lingua galega. O prazo de presentación remata o vindeiro 19 de maio.