Un artista galego fai unha pintada na tumba de Franco

"Por la libertad". Un artista galego, Enrique Tenreiro, protagoniza a imaxe do día ao realizar unha "acción artística" na tumba de Franco

No medio do balbordo mediático relacionado coa exhumación do corpo de Franco, a imaxe do día chega desde a propia tumba do ditador onde, un artista galego, Enrique Tenreiro, protagonizou unha peculiar acción artística.”É o meu gran de area para aliviar a dor dos perdedores dunha guerra civil que non debeu producirse”, afirmou pouco despois o artista implicado.

Ao redor das once desta mañá e, pouco antes de comezar a misa prevista Tenreiro interrumpiu na basílica e realizou un garabato con pintura vermella na tumba do ditador e escribiru “por la libertad” ao tempo que xustificaba a súa acción  “Franco matou a moitisima xente”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A Garda Civil arrestou ao artista coruñés após realizar a pintada e levouno para tomar declaración e realizar as accións pertinentes, segundo indicou Patrimonio Nacional.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -