O administrador único de Sargadelos conseguiu que nunha “dubidosa” asemblea de persoal se destituíra á sindicalista da UGT Roxelia Mariña. O sindicato xa anunciou que impugnará a xuntanza e fala de actitudes “maficiosas” e “caciquís”.
O avogado da UGT, Pedro Blanco, explicou a Nós Televisión como se iniciou este conflito que desembocou na asemblea da pasada semana e na destitución da sindicalista Roxelia Mariña, unha persoa querida e respectada na empresa posto que entrou a traballar nela cando contaba tan só con 14 anos. Mariña levaba 44 anos na empresa e 30 como delegada da UGT.
UGT recurrirá o despido da súa delegada en Sargadelos
Eladio Quelle, Secretario Xeral de FICA UGT na costa lucense, explica que “dunha conversa de café” na que a delegada asegurou que defendería os dereitos das traballadoras novas pasouse a un cambio de postura radical por parte do administrador único de Sargadelos. A razón de todo semella ser a situación da empresa. Segundo explica Quelle “en Sargadelos o 50% do persoal é antigo e ten convenio mais o outro 50% provén de ETTs e teñen unhas condicións laborais moito peores”.
UGT pensa seguir loitando polos dereitos das traballadoras de Sargadelos. Eladio Quelle apunta que “UGT non pechará a empresa, a xustiza tampouco, en todo caso se pecha será polas malas prácticas do seu administrador único”.