Home Programas Área Compostela UGT: historia de 130 anos de loita e protesta

UGT: historia de 130 anos de loita e protesta

0
UGT: historia de 130 anos de loita e protesta

En agosto de 1888, ocorre un feito que cambia o Estado: a clase obreira organízase e en Barcelona fúndase a Unión General de Trabajadores, coa vocación de defender os dereitos da clase traballadora nun tempo de fonda cise económica e social. Co paso dos anos, nas dictaduras, na República e agora nos tempos de democracia, o sindicato sempre foi sinónimo de loita e protesta, e continúao sendo nestes tempos de cambio social.

Para celebrar esta longa historia e aproveitando que o ano pasado foi o 130 aniversario da Unión General de Trabajadores, os vindeiros meses estará dispoñible en Santiago unha exposición itinerante que fará un percorrido polos grandes fitos de toda a vida do sindicato. “130 anos de loitas e conquistas” é unha recopilación de todas as épocas das que a UGT foi partícipe, sendo unha homenaxe a aquelas persoas que fundaron e axudaron á causa.

Tempo de adaptarse

Na presentación da exposición, o historiador afiliado ao sindicato Luís Toxo, deu un memorable discurso sobre a necesidade de cambiar a corde os novos tempos. Fixo referencia a unha nova sociedade na que “a clase traballadora mudou moito, e o sindicalismo bastante menos”. Tamén chamou á UGT e á esqueda “en xeral” a levar a cabo a “tarefa de crear un novo discurso actualizado onde se impoña a necesidade dun novo contrato social”.

Programa

A exposición será itinerante, e coa intención de facela chegar ao máximo público posible, fará un percorrido por distintos Centros Socioculturais da cidade. Do 20 de frebreiro ata o 4 de marzo, estará no Centro Sociocultural do Ensanche, Do 5 ao 25 de marzo, no de Santa Marta. Do 26 de marzo ata o 16 de abril, no de José Saramago. Do 23 de abril ao 16 de maio, no de Fontiñas. Finalmente, do 28 de maio ata o 18 de xuño, estará do Centro Sociocultural de O Castiñeiriño.