Turismo e patrimonio: oportunidades e desafíos para Compostela

O vicepresidente de ICOMOS acude a Compostela para falar da importancia de enfocar as políticas car un turismo sostible co patrimonio e a cidadanía

 “Patrimonio+Turismo” xa é tema que se está a tratar na cidade. Na última edición das Conversas no Local de Compostela Aberta, foi como convidado Jordi Tresserras, actual Vicepresidente de ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios, parte da UNESCO), para atopar un xeito de manter o patrimonio e densenvolver o turismo á vez.

Santiago de Compostela, como Patrimonio da Humanidade, recibe visitantes durante todo ano (2,5 millóns en 2017), algo que pode ateigar a cidade. Pero sendo como é o turismo unha actividade fundamental da economía, atopar un xeito de concilialo coa vida diaria dos residentes é indiscutible. Dende ICOMOS, promoven un turismo sotible, baixo o enfoque de que “o turismo non é o problema, senón o xeito de xestionalo“, explícanos Tresserras.

Compostela, un caso especial

O caso de Compostela é particular, é unha das pucas cidades que ten dúas inscripcións como Patrimonio da Humanidade. A máis coñecida é a do Camiño de Santiago, pero o centro histórico, o monasterio de Conxo e as zonas verdes e axardinadas, están recollidas na listaxe nun epígrafe diferente. Estes elementos forman parte do “valor universal excepcional” que ten a cidade, como explica Tresserras, algo que é fundamental dar a coñecer “para facer que Santiago de Compostela non sexa só o final do Camiño“.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego