A concelleira de turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa o número de abril de Compostelánea. Trátase do noveno número de esta revista mensual, que está destinada a informar sobre a oferta cultural e de lecer de Santiago.
.@MLoisgonzalez presentou esta mañá o novo número de "Compostelánea" https://t.co/UyPgZ4C2q2 pic.twitter.com/oCn8InYOSt
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 abril 2017
Destacan principalmente o ciclo “De lugares e órganos”, que contará con seis concertos en diversas igrexas da cidade, e o evento gastronómico “Santiago Paixón Doce”, que está enfocado á cociña doce de Pascua.
Este número de Compostelánea tamén inclúe o Día Internacional da Danza, que se celebrará do 27 ao 29 de abril con actuacións que terán lugar no Teatro Principal e na Praza da Quintana.