Unhas trescentas feministas desenvolvían onte á noite na praza do Obradoiro a acción ‘Un violador no teu camiño‘ cando un home decidiu increpalas. Ante isto, a resposta das feministas foi a expulsión deste agresor da praza ao berro de “coidado machista, estás na nosa lista” ou “o violador es ti”. As feministas contaron co apoio das persoas que estaban na praza compostelana vendo a acción en solidariedade coas compañeiras chilenas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -