Home Espazo Aberto Cultura Tres bandas e tres solistas optarán aos premios da cuarta edición do Quero Cantar

Tres bandas e tres solistas optarán aos premios da cuarta edición do Quero Cantar

0
Tres bandas e tres solistas optarán aos premios da cuarta edición do Quero Cantar

O 24 de novembro celebrarase no Teatro Colón da Coruña a gala de entrega de premios da cuarta edición do Quero Cantar da Deputación. As bandas finalistas na categoría de infantil proveñen de Caión, Laxe e Ames mentres que as solistas de xuvenil veñen de Sada, A Coruña e Vila de Cruces. A gala estará conducida por Sole Felloza e Magín Blanco e a Banda das Apertas protagonizarán a actuación convidada.

Os músicos Pablo Díaz, Paco Nogueiras e César Freira, a cantante Xoana e a mestra e tamén música Bárbara Mourelo, compuxeron o xurado presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto e coa xefa de servizo de Cultura da Deputación da Coruña, Mercedes Fernández Albalat como secretaria, que escolleu as cinco

Finalistas

As bandas infantís finalistas desta nova edición son: “A música das baleas”, do Ceip de Caión, co tema “A peor xogada”; Rap-osiños, grupo da escola municipal de música de Laxe, coa canción “Panchita blues” e Baroubanda, alumnado de guitarra do Ceip A Barouta, en Ames.

Na categoría xuvenil elixíronse como finalistas tres solistas: Veiga, de Sada, coa canción “A ilusión dun porvir”, na que o artista canta e toca a guitarra; Isma Kalo, nome artístico de xove coruñesa Laura Marín, co seu tema “A quen lle importa?”, interpretado tamén con voz e guitarra e finalmente a pianista Noa, de Vila de Cruces, segunda clasificada na edición xuvenil do ano pasado, e que este ano volverá estar no teatro Colón co tema “As ondas do mar”.