Treixadura e Emilio Rúa actuarán coa Banda Municipal de Música

Treixadura e Emilio Rúa actuarán coa Banda Municipal de Música. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou hoxe os vindeiros concertos desta formación musical municipal dentro do programa das Festas do Apóstolo. Noriega salientou este formato innovador que leva á Banda Municipal a colaborar con outros referentes musicais.

Martiño Noriega: “Trátase dunha gran oportunidade para que a Banda amose a calidade dos seus músicos”

Casiano Mouriño, director da Banda salientou en que consitirán estas colaboracións. Para o cantautor Emilio Rúa é todo un privilexio tocar coas cancións arranxadas pola Banda Municipal de Música de Santiago.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Xaquín Xesteira, compoñente de Treixadura, sinalou na presentación do concerto que para o grupo esta actuación é “un soño cumprido”. Pola súa banda, Antón Fernández, integrante de Cantigas e Agarimos, dixo sentir “pracer e orgullo volver encontranos coa banda de musica”.

A actuación da Banda Municipal de Música co cantautor Emilio Rúa será mañá a partir das 20 horas na Praza de Praterías, nun concerto que fora programado para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas o pasado 20 de xuño pero tivera que ser suspendido por mor do mal tempo. O domingo 30 de xullo terá lugar o outro concerto no que a formación Municipal de Música actuará na praza da Quintana con Treixadura e Cantigas e Agarimos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -