A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS advirte do perigo que supón a entrada da multinacional Medtronic no SERGAS a través da sinatura de 4 convenios con 3 hospitais clínicos: o de Compostela, a Coruña e Lugo. Dende o colectivo denuncian que os dispostivos de Medtronic están practicamente instalados no hospitais para ser usados en áreas específicas, maioritariamente de cardioloxía, a prol dos intereses da empresa e en contra dos intereses xerais das e dos pacientes, xa que moitos non van poder ter acceso ás máquinas da multinacional. Que consecuencias pode ter no sistema sanitario galego a inclusión de empresas multinacionais sanitarias como Medtronic? O equipo de informativos de Nós Televisión traballa nunha investigación sobre este caso do que ofrecemos un pequeno adianto.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -