Tradigaita amosa o Festival Intercéltico de Lorient desde dentro

Tradigaita é un proxecto divulgativo sobre a gaita galega creada polo gaiteiro Diego Prieto

A música tradicional galega tamén ten espazo en Youtube: Tradigaita é unha canle pensada polo gaiteiro de Castro Caldelas Diego Prieto, un dos 4 seleccionados para participar no último Festival de Lorient. A edición deste ano estaba adicada a Galicia, polo que aproveitou para facer varias reportaxes sobre a experiencia desde dentro.

A canle conta con ata o de agora 787 subscritores e 36 vídeos nos que o gaiteiro fai entrevistas a ilustres do mundo da gaita, resolve dúbidas ou explica cousas tan específicas como a importancia de afinar o punteiro con celo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ademais de canle de Youtube, Tradigaita conta cunha páxina web e perfís en Facebook e Instagram.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -