A dirección da Radio Galega está disposta a facer moitos máis cambios importantes na súa grella a un ano das eleccións municipais. Á alarmante nova de onte na que unha das traballadoras da Radio Galega, Concha de la Fuente, daba a coñecer que desaparecía o programa “Diario cultural” tal e como hoxe o coñecemos, agora sabemos que también mudarán os informativos locais. Denunciouno Tiago Alvite, membro do Comité Intercentros pola CIG.
Traballadores da CRTVG denuncian o “desmantelamento” do servizo público
A dirección da Radio Galega está disposta a facer moitos máis cambios importantes na súa grella a un ano das eleccións municipais.Conversamoscon Santi Alvite, membro do Comité Intercentros pola CIG
Publicada por Nós Televisión en Miércoles, 9 de mayo de 2018
Tema: A Radio Galega eliminará o “Diario Cultural” a partir de setembro
A Radio Galega mudará tamén os informativos locais
As traballadoras e traballadores deste ente público manterán o luns vindeiro unha asemblea para decidir que accións tomarán diante destes anuncios por parte da dirección da Radio Galega. Alvite pide que a sociedade responda tamén diante destes “ataques” a un servizo público tan importante como é a CRTVG.