O Goberno anunciou que na fase 2 de desconfinamento as crianzas menores de 6 anos poderán acudir ás escolas infantís sempre e cando as súas titoras ou titores non poidan quedar con elas. Ante isto, as traballadoras das escolas infantís piden con urxencia protocolos de actuación porque ven “imposible” levar a cabo o seu traballo sen riscos para as familias e para elas mesmas. Fátima Fernández, traballadora nunha escola infantil de primeiro ciclo, considera que non se está pensando nos dereitos das cativas.
Traballadoras de escolas infantís ante a reapertura parcial dos centros: “Pedimos outras medidas e que pensen na infancia”
A reapertura parcial das escolas infantís, prevista na fase 2, non conta co apoio do sector