Traballadoras da Praza de Abastos respaldan as mobilizacións malia non facer folga

Unha vintena de traballadoras acudiu ao seu posto de traballo este xoves, mais as mulleres respaldan as reivindicacións do movemento feminista

A Praza de Abastos de Santiago amosou este xoves unha imaxe pouco habitual, ficando practicamente deserta. Apenas houbo actividade e tránsito de persoas debido a que a meirande parte das traballadoras dos diferentes postos e comercios decidiron secundar a folga feminista.

Porén, arredor dunha vintena de traballadoras da Praza acudiron ao seu posto de traballo porque aseguran que precisaban os cartos e que, no caso de facer folga, poderían perder aos seus clientes. De calquera xeito, isto non impediu que todas elas respaldasen as reivindicacións do movemento feminista e convidasen ás mulleres máis novas a participar nas concentracións para “loitar pola igualdade” entre homes e mulleres.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -