Esta semana, o mundo enteiro foi testemuña da tuptura dunha balsa de contención mineira en Brumadinho, no Brasil, e das súas nefastas consecuencias: centenares de desaparecidos, poboacións arrasadas polo lodo e un impacto no ecosistema irrecuperable. E, desgraciadamente, as probabilidades de que algo similar ocorra en Galicia son perigosamente altas.

Falamos con Isabel García, membro da Asociación Veciñal Mina do Touro-O Pino NON, que nos explicou que “isto pode suceder tamen en Touro, porque no proxecto que pretenden poñer en marcha poñen unha balsa de lodos e unha escombreira a menos de 200 metros da pobboación de Arinteiro”. Esta balsa, de 3km de longo e 50 metros de fondo, tería capacidade para case o triple que a de Brasil: 50 millóns de metros cúbicos de lodos contaminados, en comparación cos 13 vertidos en Brumadinho.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O efecto da Mina do Touro, “peor que o Prestige”

“Pero xa non é solo Arinteiro”, continúa, xa que o impacto chegaría ata a Ría de Arousa. “Se hai unha rotura dunha balsa, iso queda ahí enterrado, é irrecuperable. É peor que o Prestige”.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -