Home Programas Espazo Aberto Todo preparado para ‘cantar as corenta’ no Festival de Pardiñas máis XL

Todo preparado para ‘cantar as corenta’ no Festival de Pardiñas máis XL

0
Todo preparado para ‘cantar as corenta’ no Festival de Pardiñas máis XL

O festival guitiricense celebra o seu corenta aniversario coa Feira e Festa da Música e da Arte. O Festival de Pardiñas arrancará dun pregón colectivo e un concerto único, ‘Cantando as Corenta’, da man da banda Pardiñazo. A Asociación Xermolos, coma sempre, ten todo ben preparado para que arranque hoxe a edición máis XL deste Festival. Aquí vai o programa para non perder nada:

Venres 2
20.30. VII Certame de cantos de taberna Dálle ao Cante

Sábado 3
16.00. Apertura da XL Mostra da Artesanía e inicio dun aberto de billarda
17.00. Apertura da XXVI Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
18.00. Concerto de As Cantigas de Elena no escenario da Mostra de Instrumentos
19.00. Saída da XL Carreira popular de Pardiñas
20.00. Animación musical con Bloquinho de Xermolos
21.00. Concerto de Os Melidaos, Harmonica Creams, Habelas Hainas, Dubhlinn & Anxo Lorenzo e Zënzar

Domingo 4
11.30. Apertura dos postos da XXVI Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e da XL Mostra de Artesanía de Pardiñas
13.00. Vermú no campo cos Rueiriños
16.30. Pardiñas Miúdo, coa actuación de Peter Punk
19.00. Pregón musical conxunto con Pilocha, Miro Casabella, María Manuela, Quintas Canella e Mero. Logo, entregaranse os premios do XL Certame de creación Terra Chá
20.30. Actuación dos Carunchos
22.00. Inicio do concerto Cantando as Corenta, conmemorativo das 40 edicións do Festival de Pardiñas
1.30. Actuación de TT Syndicate