Home Programas Área Compostela Todo preparado para a noite máxica de San Xoán

Todo preparado para a noite máxica de San Xoán

0
Todo preparado para a noite máxica de San Xoán
gfhdehg
©  jose pereira

O concello de Santiago ten todo previsto para que a celebración da tradicional noite de San Xoán teña lugar no municipio sen problemas.

Autorizadas 60 cacharelas públicas e e 282 privadas

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou en rolda de prensa os datos da que se prevé noite máis máxica do ano e fixo un chamamento a actuar, ao longo de todo o día de mañá con “sentido común” para evitar calquera problema nun momento no que nos “atopamos en alto risco de incendios”.

Xan Duro: “Evitar incidentes na noite de San Xoán é unha tarefa colectiva”

Xan Duro lembrou que as cacharelas teñen que manter as distanzas con outros elementos e teñen, ademáis, que cumprir unha serie de normas. Deste xeito, o concelleiro lembrou as medidas máis básicas de seguridade para garantir unha noite de San Xoán tranquila

Cortes de tráfico

Estará pechada a circulación a partir das 17.00 horas nos cruces Burgo das Nacións-Carvalho Calero e Morón-Castiñeiros-Pelamios. En San Pedro estará prohibido o estacionamento na Cruz de San Pedro a partir das 18.00 horas, e na rúa José Antonio Souto Pazo non se poderá circular desde as 20.00 horas. Tamén se pechará ao tráfico a rúa Fernando III O Santo, no tramo comprendido entre República Arxentina e a rúa da Rosa, a partir das 21.00 horas.

O edil sinalou que para esta xornada están previstos reforzos na policia local, bombeiros e protección civil para vixilar que a cidadanía goce da festa sen ningún perigo.