Home Programas Área Compostela Todo preparado en Pontevedra para a gala dos premios ‘Ben Veñas, Maio!’

Todo preparado en Pontevedra para a gala dos premios ‘Ben Veñas, Maio!’

0
Todo preparado en Pontevedra para a gala dos premios ‘Ben Veñas, Maio!’

O Teatro Principal de Pontevedra acollede na tarde deste xoves a gala de entrega dos premios ‘Ben Veñas, Maio!’ deste ano das diferentes categorías: videoclip musical, fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía e curtametraxes. Para darlle ritmo á gala, actuará o grupo Limbo, do IES A Xunqueira.

Este é o primeiro ano que se realizará unha Gala para a entrega de premios. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, destaca que esta é “unha boa forma que permite exhibir as obras audiovisuais”. No Teatro Principal de Pontevedra está xa todo preparado para pasar esta tarde “un bo momento coa familia e amizades, divertirse e fomentar a lingua galega”.

‘Ben Veñas, Maio!’

‘Ben veñas, Maio!’ é un proxecto que promove a Concellería de Normalización Lingüística xunto cos equipos de normalización dos institutos de Pontevedra co fin de promover o uso do galego entre a mocidade. “Buscamos promover o uso da lingua e con estes certames podemos chegar a moita xente nova”, sostén Oubiña.