Home Programas Área Compostela “Todo nesta vida ten un tempo”. Rubén Cela non será candidato á alcadía no 2019

“Todo nesta vida ten un tempo”. Rubén Cela non será candidato á alcadía no 2019

0
“Todo nesta vida ten un tempo”. Rubén Cela non será candidato á alcadía no 2019

O actual portavoz local do BNG de Santiago, Rubén Cela, vén de anunciar a súa decisión de non repetir como candidato á alcaldía nas eleccións de 2019. É a primeira confirmación relativa á configuración de candidaturas a un ano das eleccións municipais en Santiago.
Rubén Cela foi Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia e foi o candidato do BNG á alcaldía desde 2011. Agora, anuncia que non repetirá alegando “motivos persoais”.

O actual portavoz local da organización nacionalista anunciou esta mañá que quere deixar “a un lado a política municipal” ao afirmar que “todo nesta vida ten un tempo” e asegurando que a súa etapa no Concello de Santiago foi “moi positiva”

“Son dos que penso que para ser portavoz dun grupo político no Goberno ou na oposición require dun traballo, dispoñibilidade e esforzo que non vou ter no futuro e o que me parece máis honesto, coherente, sensato e mellor para o BNG e tamén para a Corporación é dar paso a outras persoas”, asegurou o actual portavoz local do BNG de Santiago.

Sinalou tamén que vai seguir “deixando a pel” no ano que falta “para facer unha boa oposición” que vai seguir sendo fiscalizadora e, polo tanto, crítica coas cousas que faga mal o Goberno de Compostela Aberta “mais tampouco vai mudar a folla de ruta polo proceso electoral e até o último día será unha oposición propositiva, positiva e coa man tendida a chegar a acordos naqueles asuntos que sexan bos para a veciñanza de Santiago de Compostela”.

Unha decisión motivada exclusivamente por razóns persoais e familiares, que non foi doada de tomar para min

Finalmente, Cela afirmou “ser consciente de que é o mellor momento” para tomar esta decisión porque o BNG en Santiago está “nunha boa posición” porque conseguiu nos últimos tempos reactivar a base militante e simpatizante da organización nacionalista.