Home Programas Área Compostela Tocar e interpretar a tradición: Chega o novo curso de aCentral Folque

Tocar e interpretar a tradición: Chega o novo curso de aCentral Folque

0
Tocar e interpretar a tradición: Chega o novo curso de aCentral Folque

O proxecto docente co que naceu aCentral Folque hai máis de quince anos (daquela baixo o nome de Conservatorio de Música Tradicional e Folque) abre un ano máis as súas aulas co nome de Escola de Música Popular e Avanzada.

Unha posta en valor da nosa cultura

O coordinador da Escola de Música Popular e Avanzada, Marcos Sanín, salientou a importancia do coidado da nosa cultura inmaterial que xa está presente a nivel histórico como un referente identitario.

Alba María: de alumna a mestra

Un exemplo de alumna e na actualidade profesora desta escola témolo en Alba María. Ela mesma explicou na comparecencia a súa experiencia e como chegou a profundizar en aspectos como a regueifa que lle permitirán, este curso, impartir aulas ao redor desta peculiar forma de canto improvisado

Presentación do curso

A presentación do curso terá lugar na Sala Mozart do Auditorio de Galicia o martes, día 10 de outubro, ás 20:30 horas. Neste acto, a modo de recital, participarán músicos da escola, mestres e alumnado xunto a artistas como Alejandro Vargas, Óscar Fernández ou María Blanco. Tamén estará como convidada especial Rosa Cedrón, quen interpretará algunha das cancións de José Castro “Chané”, acompañada ao piano de Alejandro Vargas. A entrada será de balde ata completar aforo.