Martiño Noriega asegurou este luns que a sentenza que, nunha primeira instancia, dá a razón á familia Franco en relación á propiedade das estatuas do Mestre Mateo é profundamente “sesgada” e confirmou que os servizos xurídicos do Concello xa están traballando no recurso contra a sentenza coñecida na tarde do pasado venres.
Noriega recoñeceu a súa decepción por unha sentenza que lexitima un “franquismo sen franco” pero advirque que isto “foi só unha batalla”. Deste xeito, tal e como xa se prevía inicialmente, esta será unha “guerra de longo percorrido”
Raxoi traballa xa “coa vontade de que a Xustiza acabe por facer xustiza” pero recoñece a súa sorpresa ante unha sentenza que ofrece “máis agurmentos en favor da familia franco que o seu propio avogado”