Home Programas Espazo Aberto ‘The Widow’ e ‘Limbo’ triunfan no Festival de Cans

‘The Widow’ e ‘Limbo’ triunfan no Festival de Cans

0
‘The Widow’ e ‘Limbo’ triunfan no Festival de Cans

O agroglamour abandonou este sábado a vila pontevedresa de Cans que, un ano máis, acolleu o sonado Festival do cine galego. O Festival de Cans entregou os premios correspondentes á súa 16º edición.  A curta ‘The Widow’, de Noelia Muíño, acadou tres dos galardóns: mellor guión, mellor realización e mellor dirección de fotografía para Asia Khmelova. ‘Limbo’, de Dani Viqueira, acadou dous dos premios: mellor curtametraxe de imaxe real e mellor banda sonora orixinal para Germán Díaz.

Na animación, a peza escollida foi ‘Soy una tumba’, de Khris Cembe, cunha mención especial do xurado para ‘Homomaquia’, de David Fidalgo Omil. As categorías interpretativas protagonízanas Marta Nieto, por ‘De repente, la noche’, e Jaime Olías, por ‘O que medra por dentro’.

‘Devalar’, de Mar García, fíxose co premio á mellor curtametraxe de FuraCans, e ‘Caerán lóstregos do ceo’, de Adrián Canoura, obtivo unha mención especial do xurado da categoría de non ficción.

Completa o palmarés o premio do xurado dos veciños e veciñas á Mellor curtametraxe de imaxe real para ‘O que precede á caída é branco’, de Aldara Pagán, e a mención especial que quixeron concederlle a ‘De repente la noche’, de Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente.