O alcalde accidental, Álvaro Montes, e o concelleiro de Festas, Suso Basterrechea, presentaron o programa de festas de verán 2018 salientando unha programación dirixida a todos os públicos. Basterrechea fixo fincapé na súa aposta pola cultura de balde en Ferrol.
Os grandes concertos comezarán o 24 de agosto coa actuación de Rosana (22:30 h. Praza de España). Ao día seguinte, no mesmo lugar, será a noite de The Waterboys (22:30h. Praza de España). O domingo 26 actuará o cantante galego Xoel López (22:30h. Praza de Amboage) e o mércores 28 tocaralle a Kiko Veneno (22:30h. Praza de Amboage). Pechará estes concertos Coque Malla o venres 31 de agosto (22:30h. Praza de Amboage).
Programación infantil
O concello non deixou de lado ao público infantil e este ano actuarán dentro do Festilingua Teatro ao Cublo (mércores 22 de agosto, 19:30 h. Praza de Rosalía de Castro), A Gramola Gominola (luns 27 de agosto, 12 h. Praza de Amboage), Ghazafellos (martes 28 de agosto, 19:30 h. Praza de Ultramar), Pablo Díaz (mércores 29 de agosto, 12 h. Praza de Amboage) e Trotaventos (xoves 30 de agosto, 20 h. Praza de Amboage).
Todos os espectáculos, de todo tipo, son de balde
Outras actividades
Ademais a programación inclúe tamén a Carreira Nocturna (sábado 25, 20 h.); a Travesía a Nado (domingo 26, 16 h.); o Festival de Rondallas, coa actuación de Añoranzas, Sonidos del Alba, Club de Campo, Bohemios (luns 27, 20:30 h., Parque Raíña Sofía,); festa presentación do Pantín Classic (luns 27, 22:30 h., Parque Raíña Sofía); o Festival Fok, coa presenza de Os de Abaixo, Tanxugueiras e os Gaiteiros de Lisboa (martes 28, Praza de Amboage) e o Trofeo Concepción Arenal (martes día 28).