The Florida Project

- Publicidade -

Moonee soña con ir a Disneylandia, pero o máis preto que estivo é o motel barato ás aforas de Orlando (Florida), no que vive coa súa nai Halley, de 22 anos: o Magic Castle Motel. O máis parecido que Moonee ten a un pai é Bobby, o xerente do motel, un home cauto e dilixente que se mofa das pallasadas dos nenos. Halley perdeu o seu traballo, e outra nena da mesma idade que Moonee acaba de mudarse ao motel do lado. Promete ser un verán inesquecíbel.

Butaca NUMAX: THE FLORIDA PROJECT

A xornalista Irene Lourido fálanos de THE FLORIDA PROJECT (Diamond Films España) de Sean Baker, para #butacaNumax. Non a perdades hoxe domingo ás 15:45 e ás 20:10!

Publicado por NUMAX en Domingo, 11 de febrero de 2018

Máis información e entradas