A concelleira de Políticas sociais, diversidade, saúde e centros cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe a programación de festival Terra da Fraternidade, xunto o seu director artístico Vitor Belho, e unha das suas protagonistas musicais máis destacadas: Mercedes Peón.
Concha Fernández destacou a interculturalidade do evento, facendo da cidade Compostela un lugar de intercambios culturais.
O ciclo terá lugar do 14 ao 18 de xullo na Praza da Quintana e será unha gran exposición musical sobre a diversidade cultural do planeta en conexión coa cidade e co talento local.
Unha oportunidade para coñecer a parte das e dos artistas máis populares e sorprendentes de países descoñecidos e diversos
Concha Fernández destacou a interculturalidade do evento, facendo da cidade Compostela un lugar de intercambios culturais.
Terra da fraternidade é a programación coa que Compostela acolle nas suas festas a culturas e persoas de todo o mundo co obxectivo de visibilizar unha cidade diversa, plural e implicada na defensa dos dereitos humanos. Haberá artistas de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia e Portugal, con cadansúa contraparte galega.