
Galicia consolídase como unha das grandes potencias no eido da innovación tecnolóxica. A Cidade da Cultura será a sede da terceira edición do congreso ‘Maker Faire Galicia’, que se desenvolverá entre o 24 e o 26 de novembro. Cincuenta proxectos, desenvolvidos por máis de 200 investigadores de todo o mundo, serán presentados ante o público asistente nunha cita que o pasado ano se consolidou como o evento destas características con maior trascendencia en España.
Durante estas xornadas exporanse proxectos vencellados coa electrónica, a impresión 3D, a gastronomía ou a música. A principal novidade introducida nesta terceira edición do evento é a adicación exclusiva dunha xornada enteira para o sector profesional.

Conferencia do programador Richard Stallman
No evento desenvolveranse diferentes obradoiros e actividades interactivas, así como ponencias formativas nas que participarán conferenciantes de prestixio mundial coma o programador estadounidense Richard Stallman, creador do sistema operativo libre GNU, actualmente parte de Linux.