A terceira edición de Compostela Móvese conta cun orzamento de 235.000 euros

As novas empresas de Santiago xa poden solicitar axudas a Compostela Móvese, que conta cun orzamento de 235.000 euros nesta terceira edición. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa a nova edición de Compostela Móvese, que ten dúas grandes liñas de traballo, unha de axudas a novas empresas, e outra de actividades de dinamización económica.

Aposta por ti: Consultoría permantente con accións formativas puntuais para persoas que queiran emprender.

Invest Compostela: Actividades de consultoría na captación de fondos europeos, accións de promoción da cidade como espazo para empremento e investimento con especial atención aos sectores priorizados no Acordo para a reindustrialización de Compostela.

Efecto Proximidade: Programa de dinamización e mellora de competitividade dos mercados do de Santiago, en especial o mercadiño de Salgueiriños e o Mercado de Abastos de Santiago.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -