Home Programas Área Compostela Teo para vivir: a loita contra a reapertura da canteira da Casalonga

Teo para vivir: a loita contra a reapertura da canteira da Casalonga

0
Teo para vivir: a loita contra a reapertura da canteira da Casalonga

Unha instalación polémica. Unha montaña de lixo cunha superficie equivalente ao casco vello de Santiago de Compostela. Pero tamén unha canteira contestada de maneira masiva e unánime pola veciñanza de Teo e que, desde hai unhas semanas, conta co informe negativo de impacto ambiental por parte do Concello de Teo.

Nós Televisión vén de producir unha reportaxe para o Concello de Teo de cince minutos de duración sobre a posible reapertura da planta de residuos da Casalonga por parte de Toysal e que supón unha ameaza para a vida e o futuro de milleiros de familias.