Teo: o retorno da auga ás mans públicas

O alcalde, Rafael Sisto, valora a sentencia do TSXG que desestimou o recurso presentado por Viaqua e estipula unha indemnización de máis de un millón e medio de euros

A Xustiza dálle a razón ao Concello de Teo nun caso vencellado á municipalización da auga. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desetimou o recurso presentado por Viaqua contra a liquidación do contrato, e finalmente terá que indemnizar ao Concello con algo máis dun millón e medio de euros.

Desta volta, un pequeno concello puido vencer na batalla contra unha das grandes empresas da comarca. O Xulgado contencioso administrativo número 1 de Santiago ditou sentenza en xullo de 2018 dando a razón ao concello na liquidación realizada pola Intervención, se ben recoñecía certos dereitos económico a Viaqua en relación cos investimentos realizados en obras. Agora, esta mesma semana, o TSXG desestimou as alegacións presentadas pola empresa. Ante esta confirmación, o alcalde, Rafael Sisto, destacou ante as cámaras de Nós Televisión a súa satisfacción ante esta resolución xudicial malia apuntar que “sempre” confiaron en contar coa “razón” fronte as interpretacións interesadas do sector empresarial e mediático.

Estamos contentos. Sempre soubemos que tiñamos a razón e soubemos gañala

A paradoxa da remunicipalización

Remunicipalizar o servizo da auga en Teo sae a contas e, de feito, adoita ser un espello no que os chamados gobernos do cambio miran con frecuencia. O cálculo para a liquidación da concesionaria feito polo Concello sempre estimaba que a concesionaria debería abonar unha importante cantidade económica e as discrepancias entre a administración local e Aquagest (actual Viaqua) remataron no Xulgado. Agora, o TSXG dálle a razón por completo ao Concello e a operación reportará un beneficio de 1,5 millóns de euros. Unha contía que, por certo, bastaría para manter este servizo público durante case unha década.

Augas de Teo é o nome do servizo público municipal que, dende o 1 de outubro de 2015, xestiona o servizo de abastecemento de auga potable, depuración e saneamento das augas residuais do Concello de Teo. O proceso de municipalización do servizo demorou anos e, malia todo, supuxo un aforro de 200 mil euros para este Concello.

Foi o propio Rafa Sisto quen levou de primeira man o proceso no 2015 cando aínda gobernaba Martiño Noriega neste concello limítrofe de Compostela. Recentes son os titulares da prensa local que acusaban ao actual alcalde compostelán de provoca un “quebranto millonario” trala remunicipalización da auga en Teo. Foi o propio Noriega quen esta semana valoraba tamén positivamente a recente confirmación do TSXG e amosaba a súa satisfacción ante

Ademais, o propio Concello de Santiago xa confirmou ao longo desta lexislatura que tamén apostan por recuperar este servizo fronte o “negocio privado”. Desde o executivo municipal iniciaron a avaliación do servizo da auga para estudar posibles modelos de xestión. Pero Compostela non é Teo. Desde Compostela Aberta sempre deixaron claro que a posibilidade de recuperar o servizo é unha opción “complicada” e, en especial, no marco lexislativo actual.

Un proceso repleto de dificultades

Remunicipalización: a tarefa case imposible da recuperar servizos. O debate entre a xestión pública e a privada ten ao seu carón importantes debates ideolóxicos e técnicos. No caso dos servizos de auga, o privado marca a norma. A privatización está sempre favorecida pola falta de recursos municipais e, malia que exista un interese de poder devolver ao público o servizo, son moitas as dificitades para logralo. As leas xudiciais impulsadas polo sector empresarial e a posibilidade de ter que afrontar cuantiosas indemnizacións disuade, por xeral, a impulsar procesos destas características.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego