Home Programas Espazo Aberto Tensión fronte a sede de Copagro logo de que o xerente xustificase o ERE de extinción

Tensión fronte a sede de Copagro logo de que o xerente xustificase o ERE de extinción

0
Tensión fronte a sede de Copagro logo de que o xerente xustificase o ERE de extinción

Dezaseis traballadores quedarán na rúa logo de que a Cooperativa Agropecuaria (Copagro) con sede en Meirás presentase un expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo para todo o persoal da fábrica de pensos. Un dos traballadores, Rafael Caamaño, explica como tras a mudanza do xerente, en 2016, a empresa se orientou “a mellorar a produtividade gastando moitos cartos”. Unha vez rematou o investimento, “de súpeto, os donos da empresa anunciaron o ERE de extinción total”. Por parte do sindicato USO denuncian que a planta “si é competitiva” e non se explican o peche.

Tanto o sindicato como os traballadores de Coopagro concentráronse fronte da sede da cooperativa en Meirás chegándose a atopar co xerente co que se viviron momentos de tensión. Ante as preguntas de Nós Televisión, o xerente de Copagro, Vicente Dopico, sostivo que a empresa é “inviable” aínda que admitiu ter recibido cartos da Administración en concepto de axudas públicas.