O alcalde do Concello de Santiago, Martiño Noriega, deu a coñecer hoxe a campaña “Teño un museo”. O obxectivo é que o Museo do Pobo Galego creza en número de persoas asociadas. Na rolda de prensa acompañaron ao alcalde o Presidente do Padroado do Museo, Justo Beramendi e o fotógrafo representante das socias e socios, Tino Viz. O Concello pretende amplificar e sobre todo, poñer en valor o Museo.
Tino Viz indicou que para a campaña presentaron a súa imaxe 21 socias e socios que representan a toda a masa social e que son espello da sociedade galega actual. En palabras del, non podemos caer na unificación, xa que suporía “perder a esencia dos lugares”. Quixo resaltar, tamén, a importancia que teñen as funcións dos socios.
a cifra de asociados ascende a 1.700 na actualidade
Por outra banda, o Presidente explicou que desde a fundación do Museo foise reparando o edificio e enchendo cos contidos que hoxe presenta. Non só se pretende conservar a tradición, senón ofrecer unha visión da identidade galega. Indicou, a maiores, que a figura do socio non busca unicamente acadar unha contribución económica, senón tamén establecer un vínculo entre o museo e a sociedade galega. O presidente agradeceu, ademais, a colaboración do Concello durante este tempo.
O Presidente do Museo do Pobo agradeceu,ademais, a colaboración do @PazodeRaxoi durante este tempo pic.twitter.com/huZgC0IoTA
— Nós Televisión (@NosTelevision) 09 xaneiro 2017
Preguntado pola prensa, Tino Viz explicou que a cifra de asociados ascende a 1.700 na actualidade. A maiores, indicou que a campaña en redes para captalos está sendo positiva e que a cota á que ascende o feito de converterse en socio é de 30 euros.