Home Programas Área Compostela A tendencia “vintage” apodérase de Compostela

A tendencia “vintage” apodérase de Compostela

0
A tendencia “vintage” apodérase de Compostela
Rolda de prensa de presentación da feira

A V Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage levará ó Pazo de Congresos a viaxar ao pasado a vindeira fin de semana. Trátase dun evento xa consolidado na cidade, o máis visitado de todo o Estado após as feiras de Madrid, Bilbao e Barcelona. Nesta nova edición, asistirán máis de corenta expositores procedentes de diversos países de Europa.

30.000 pezas

En total, poranse á venda arredor de 30.000 pezas coma teléfonos, xoguetes ou mobles. A crecente demanda no mercado “vintage” achegará á cidade preto de 2.000 persoas durante estas tres xornadas. Asemade, a organización do evento sorteará entre o público asistente unha das pezas ofrecidas nos expositores.

No Pazo de Congresos de Santiago desde o venres

A feira abrirá as súas portas o venres en horario de 17 a 21 horas, e o sábado e o domingo de 11 a 14.30h e de 16.30 a 21h. O pase para os tres días terá un prezo de 3 euros.