Tras o coñecemento da súa citación a declarar a través dos medios de comunicación, xa que como indicou “aínda non fun notificada formalmente”; Claudia Delso atribuíu a unha “campaña de difamación do PP” a denuncia que presentou a devandita formación pola cesión de usos do antigo cárcere provincial e insistíu en que o concurso para a adxudicación de usos do antigo cárcere foi unha convocatoria “transparente”. Ademais, diante da cámara de Nós Televisión, a concelleira de Participación e innovación democrática mostrouse “contenta” de poder “aclarar o que haxa que aclarar” ante a xuíza o próximo 1 de marzo e asegurou que “aquí o que se está discernindo é un modelo de cidade, un que defende o público e que abre os equipamentos á cidadanía e outro que o único que pretende é especular e privatizar”.
Inicio Área Compostela
“Temos a conciencia tranquila, abrir o cárcere á cidadanía é un mandato desta cidade”
A concelleira de Participación e innovación democrática da Coruña amósase tranquila trala citación e sinala que "aclarará o que haxa que aclarar" perante a xuíza o vindeiro 1 de marzo