O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, considera que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, falou das detencións de catro independentistas no marco da Operación Lusista, ás que segundo trascendeu se lles vincula delitos de pertenza ou colaboración con organización terrorista, con “tibieza”. Ao mesmo tempo, sostén que Pontón “ten que explicar cales son os vínculos ou afectividades” do BNG con Resistencia Galega.

- Publicidade -

Ana Pontón sostivo, noutra rolda de prensa, que este tipo de detencións dirixidas pola Audiencia Nacional, e enmarcadas na lei antiterrorista, hai que tomalas con “cautela” porque xa “houbo persoas que foron inxustamente detidas”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego