Teatro e literatura para os Centros Socioculturais de Compostela

Os CSC de Santiago acollerán os vindeiros meses varias actividades nas que serán protagonistas o teatro e a literatura. Diversificar a oferta é un dos obxectivos desta programación tal e como explicou en rolda de prensa na mañá de onte Branca Novoneyra, Concelleira de Acción Cultural.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Na rolda de prensa tamén participaron Pepe Sendón, que dirixirá as sesión de Liñas Paralelas, e Roi Vidal que impartirá un obradoiro de dramaturxia.

Roi Vidal explicou que no obradoiro de dramaturxia aprenderase a escribir, ler e facer teatro.


O ciclo de relato breve e música comezará o día 7 de outubro e o obradoiro de dramaturxia realizarase a partir do 15 de outubro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -